Este domingo un cento de persoas participaron na II Andaina Solidaria de Couso, a pesar de que o ceo ameazaba con comezar a precipitar auga. O remate da camiñata rematou sendo unha foliada improvisada, con tapeo incluído. Despois de camiñar, chegou o momento de recuperar folgos nun xantar no que participaron 70 persoas. O recaudado destinouse á loita da ADEGA contra o eólico do Monte Xesteiros.
Ligazón: