Saltar ao contido
Portada » Paralización

Paralización

Reunión na casa da escola de Subión – 17 de xuño de 2024

  • Accións

Reunión convocada na casa da escola de Subión para todos os afectados e interesados na situación do trámite para a paralización do parque eólico por parte do Concello da Estrada. Asistiron o alcalde Gonzalo Louzao, o xurista Borxa Colmenero e Victor Bouzas da consultoría ambiental Tysgal.

O TSXG admite a trámite o recurso dunha empresa do sector eólico contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo | Poder Judicial

  • Prensa

Fergo Galicia Vento esixe á administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou. A decisión da Sala do Contencioso-administrativo do alto tribunal galego sobre a nulidade do proxecto da Serra do Oribio (Lugo) foi ratificado polo Tribunal Supremo. En autos nos que o TSXG ordena paralizar de forma temporal parques eólicos advirte que é un mal menor en comparación co custo que para as arcas públicas tería a súa construción se posteriormente se declarase a súa ilegalidade