RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), en concreto, das instalacións do parque eólico Monte Xesteiros, situado no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/5-4).
En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: Norvento, S.L.
Denominación do proxecto: parque eólico Monte Xesteiros.
Concellos afectados: A Estrada (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 33 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 8.
Produción neta anual estimada: 126.434 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 22.040.862,94 €.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
Vértices | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) |
1 | 533.858,00 | 4.730.540,00 |
2 | 535.152,00 | 4.730.540,00 |
3 | 537.360,00 | 4.728.743,00 |
4 | 537.360,00 | 4.727.162,00 |
5 | 533.858,00 | 4.727.162,00 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
Aeroxerador | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | MODELO |
MX01 | 535.499,00 | 4.727.596,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX02 | 535.326,00 | 4.727.861,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX03 | 534.680,00 | 4.727.790,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX04 | 534.460,00 | 4.728.012,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX05 | 534.781,00 | 4.728.586,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX06 | 534.435,00 | 4.729.092,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX07 | 534.492,00 | 4.729.564,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
MX08 | 534.810,00 | 4.729.994,00 | GENERAL ELECTRIC GE-158 ou similar |
Coordenadas da antena meteorolóxica:
Referencia | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) |
TM MX01 | 534.927,00 | 4.728.140,00 |
Coordenadas aproximadas da subestación do parque eólico Monte Xesteiros:
Referencia | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) |
Subestación | 534.843,00 | 4.728.105,00 |
Coordenadas aproximadas da envolvente da subestación do parque eólico Monte Xesteiros:
Vértice envolvente | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) |
1 | 534.815,66 | 4.728.083,75 |
2 | 534.833,40 | 4.728.126,77 |
3 | 534.886,50 | 4.728.104,79 |
4 | 534.868,94 | 4.728.062,23 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Oito (8) aeroxeradores de ata 6.100 kW de potencia unitaria, de ata 158 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 114 m, correspondentes co modelo General Electric GE-158 ou similar.
– Oito (8) centros de transformación de potencia nominal de ata 6.710 kVA e tensión 30/0,69 kV, situados no interior dos aeroxeradores.
– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por catro (4) circuítos con cables RHZ1-OL 18/30 kV Al+H16 de 240 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e as celas de media tensión da subestación do parque eólico Monte Xesteiros. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica que se empregará para a monitorización e control do parque eólico.
– Unha (1) torre meteorolóxica de ata 114 metros de altura, onde se instalarán os distintos aparatos de medida para o estudio do réxime de ventos da localización e o control da curva de potencia das máquinas, alimentada en baixa tensión desde a instalación eléctrica máis próxima do parque eólico.
– Subestación transformadora 66/30 kV para evacuar a enerxía xerada polo parque eólico Monte Xesteiros, constituída polo parque intemperie e un edificio de control composto por dous módulos de forma prismática con espazos para almacén, centro de control, sala de celas e aseos. A subestación contará cos seguintes elementos:
• Parque de intemperie formado por unha posición de liña, composta por pararraios de ZnO, un equipo compacto illado en SF6 modelo PASS ou similar, transformadores de tensión para protección e medida, unha posición de transformador de potencia constituída por un transformador de 24,75/33 MVA ONAN/ONAF de relación de transformación 66/30 kV, e unha resistencia de posta a terra.
• Conxunto de aparataxe de 30 kV situada no edificio de control, constituída por unha cela de protección de transformador e de medida en barras, catro celas de liña para a conexión dos circuítos procedentes dos aeroxeradores, e unha cela de posición do transformador de servizos auxiliares.
• Sistema de control e protección no edificio de control, adaptado para o cumprimento da normativa da compañía distribuidora.
• Transformador de servizos auxiliares 30/0,400-0,230 kV de 100 kVA de potencia, localizado no interior do edificio de control.
• Cadros de servizos auxiliares en CA e CC, así como cargador de baterías e baterías para os sistemas de CC, todos eles situados no edificio de control.
• Grupo electróxeno de arranque automático de 400/230 V, 50 Hz e 50 kVA, con depósito de 400 litros.
• Equipamento de telecontrol, segundo requirimentos da compañía distribuidora.
• Analizador de redes.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 34.
Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello da Estrada (praza do Concello, s/n, 36680 A Estrada).
Pontevedra, 2 de agosto de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230810/AnuncioG0692-030823-0005_gl.html