Saltar ao contido
Portada » Prensa » Páxina 2

Prensa

Un cento de persoas camiñando contra un eólico | O Xornal da Estrada

Este domingo un cento de persoas participaron na II Andaina Solidaria de Couso, a pesar de que o ceo ameazaba con comezar a precipitar auga. O remate da camiñata rematou sendo unha foliada improvisada, con tapeo incluído. Despois de camiñar, chegou o momento de recuperar folgos nun xantar no que participaron 70 persoas. O recaudado destinouse á loita da ADEGA contra o eólico do Monte Xesteiros.

O TSXG admite a trámite o recurso dunha empresa do sector eólico contra a Xunta no que lle reclama 46 millóns por autorizarlle un parque que anulou o Supremo | Poder Judicial

  • Prensa

Fergo Galicia Vento esixe á administración que a indemnice polos danos e prexuízos que entende que lle causou. A decisión da Sala do Contencioso-administrativo do alto tribunal galego sobre a nulidade do proxecto da Serra do Oribio (Lugo) foi ratificado polo Tribunal Supremo. En autos nos que o TSXG ordena paralizar de forma temporal parques eólicos advirte que é un mal menor en comparación co custo que para as arcas públicas tería a súa construción se posteriormente se declarase a súa ilegalidade

200 plataformas e colectivos piden unha moratoria eólica: “Os monte son nosos, non dos mafiosos” | Nós Diario

  • Prensa

Coordinadora Eólica Así Non concentráronse esta quinta feira diante do Parlamento galego, coincidindo co debate de investidura, para reclamar unha moratoria na autorización de proxectos eólicos. Unha delegación da entidade presentou no rexistro da Cámara un decálogo coas súas reivindicacións “para un modelo enerxético xusto, sustentábel e ao servizo do pobo” galego.