Saltar ao contido

Plataforma de Afectados polo parque eólico Monte Xesteiros

Manifesto

Este parque eólico que se proxecta implantar na contorna do Monte Xesteiras (nome real) no concello pontevedrés da Estrada, está promovido pola compañía Norvento baixo a denominación “Parque Eólico Monte Xesteiros”. Este proxecto está sendo tramitado ao noso entender de forma irregular, ben pola desinformación que están sufrindo os veciños por parte dos gobernos local e autonómico, ben pola redución de prazos de alegacións e sobre todo porque non se están tendo en conta as repercusións sobre servizos fundamentais para os veciños como pode ser o tendido eléctrico, as telecomunicacións e a subministración de auga.

Cabe destacar que os aeroxeradores que se van a colocar son unha evolución aos que comunmente se ven, e estes chegan a alcanzar os 180m de altura. O impacto ambiental destes será todavía maior xa que se deben abrir camiños específicos para o seu transporte e débese explotar o terreo para que queden firmemente asentados. Esto pode causar graves danos como xa sucedeu na construcción do parque eólico no Monte Acibal onde se desprendeu unha pedra de 14 toneladas.

Simulación de como se verían os aeroxeradores dende as aldeas afectadas:

A construcción deste parque eólico afecta a cerca de 10 parroquias estradenses que se extenden ao longo do Val do Vea e que ven como as súas vidas toman un papel secundario fronte a intereses económicos superiores.

Últimas Noticias